La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

Epistolario estival de amor e morte

Mergullo de verán nas cartas escritas entre os principais literatos galegos: desde Pardo Bazán e a súa comadre Carmen Miranda, ao represaliado Paz-Andrade e o asasinado Bóveda

Valentín Paz-Andrade no cárcere en 1957. A prisión non impediu a súa actividade epistolar OUVIRMOS

A salsa de novelas magnas como o Drácula de Bram Stoker. E unha xanela para amosarnos á vida dos grandes escritores. O xénero epistolar aporta sal e pementa a toda literatura, incluída a galega. Nunha pequena selección, a partir do arquivo do Consello da Cultura Galega, pezas da Real Academia Galega e outras misivas trascendentais para a nosa historia, facemos un mergullo nas cartas de verán dos nosos intelectuais. Historias de amor e morte, que chegan de estíos onde a vida acababa volcada nunha páxina en branco.

Amalia Álvarez, viúva de Alexandre Bóveda. | // LA OPINIÓN patricia hermida

Por orde cronolóxico, aparece en primeiro lugar a correspondencia entre Rosalía de Castro e o seu esposo Manuel Murguía. No Proxecto Epístola, a cargo do Consello da Cultura Galega, recóllese este e outros intercambios. O 25 de xullo de 1881, Rosalía diríxese así a Murguía: “Se atreven a decir que es fuerza que me rehabilite ante Galicia. ¿Rehabilitarme de qué? ¿De haber hecho todo lo que en mí cupo por su engrandecimiento?... ¿Qué algarada ha sido ésa que en contra mía han levantado, cuando es notorio el amor que a mi tierra profeso?” . Pista das críticas que recibía a matriarca das letras galegas.

Carta de Emilia Pardo Bazán á súa amiga Carmen Miranda Real Academia Galega

Máis festivos son os escritos entre Emilia Pardo Bazán e a súa comadre Carmen Miranda, onde mesmo se enviaban debuxos de vestidos. O 14 de xullo de 1884, a autora dos Pazos de Ulloa escríbelle: “Querida Comadre: mil felicidades en el día de Santa Carmen. Quería que hoy recibieses un retratito de la ahijada... ya irá para que admires la remangada nariz que a pesar de ser ahijada tuya sacó esta chiquilla”.

Virxinia Pereira, viúva de Castelao, carteouse con Paz-Andrade. | // LO

Xa no verán de sangue de 1936, Alexandre Bóveda deixa estas palabras para a súa muller Amalia Álvarez antes de ser fusilado o 17 de agosto: “Eu, Almiña, estarei sempre en vós, como che prometín. Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquilo”.

Do asasinato de Bóveda a mans dos fascistas ata a tristura dos exiliados. O 28 de xullo de 1938, José López-Rey escribe a Lois Tobío desde Northampton: “Del “Imperio” tengo noticias coincidentes con las que tú me mandas. Un desastre, cuyo término, desgraciadamente, no preveo próximo. Pizarro me escribe que García Lorca ha salido para ahí”.

Por último, Virxinia Pereira, viúva de Castelao, que envía o 2 de xullo de 1951 esta carta a un Valentín Paz-Andrade que ese ano volvía a entrar no cárcere: “Desexo que da miña conta envíe mil pesetas a unha sobriña que teño, afillada benquerida do meu Daniel”.

Crónica dunha xeración que esmorece

O Consello da Cultura Galega fai a maior recopilación de cartas entre intelectuais galegos, no seu Proxecto Epístola. As amosadas nesta reportaxe pertencen ao seu fondo, coa excepción da de Bóveda e os debuxos de Pardo Bazán (que aparecen conservados pola Real Academia Galega). Poden atoparse nos arquivos do Consello da Cultura os orixinais e as súas transcripcións, que serven de radiografía sobre a Galicia (interior e exterior da época).

Como exemplo, este escrito de Francisco Fernández del Riego a Luis Seoane, que se atopaba eses días por París, o 24 de xuño de 1949: “Hace aproximadamente un mes murió en Santiago Luis Manteiga. Como no desconoces, tenía deshechos los dos pulmones. Pero, de todos modos, su muerte nos ha impresionado mucho. También me han dicho que Daniel [Castelao] se halla gravemente enfermo, a causa de un cáncer o cosa así”.

Entre os fondos máis copiosos, o de Luis Seoane con 2.515 epístolas como símbolo do seu tempo.

Compartir el artículo

stats