La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

O Courel renace esta fin de semana co Eidos Fest grazas á Fundación Uxío Novoneyra

Anteriores edicións do Eidos Fest. | // EIDOS FEST

Nos espazos íntimos da casa de Uxío Novoneyra, como a horta ou o corral, o Eidos Fest fará revivir ao Courel ao longo desta fin de semana. Desde o venres e ata o domingo, coa organización da Fundación Uxío Novoneyra, pasarán poetas como Sarrionandía, Manolo Rivas, Pura Tejelo e José Luís Gallero.

Tamén haberá espazo para a música con Radio Océano, Ruper Ordorika, The Rimbaud Company, Clo Plas, Xico de Cariño e Alberto Mvundi Trío. E desenvolverase poesía escénica, ademáis de audiovisuais e o roteiro de avistamento de paxaros.

Outros lugares que se empregarán como escenarios son a Casa-Escola e o Souto da Rubial.

Compartir el artículo

stats