La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

Dez xogos para despois dunha pandemia

O CCG e Patrimonio Lúdico Galego realizan esta proposta, ideal para escolares

Un rapaz na Liga Atlántica da Billarda. // Víctor Echave

Cando a pandemia parece cada vez máis alonxada no tempo, como un mal soño que regresa en forma de podcasts como La firma de Dios, cobra cada vez máis forza a liberdade dos xogos populares. O Consello da Cultura Galega e Patrimonio Lúdico Galego fan unha selección de 50: moitos deles incorporados ás actividades escolares ou extraescolares. Seleccionamos un decálogo para nenos agora que regresa o curso, ou para os que queren volver á infancia.

Chavales na cucaña de Sada // Fran Martínez

Ata os tres anos ou tamén de aí para adiante atopamos a carraca ou tastarabás. Este enredo autoconstruído usábase tradicionalmente nos oficiosos relixioso da Semana Santa. E ao xirar sobre o veo emite un son estrondoso e moi peculiar. Xa para maiores de tres anos, a zoadeira ou fungona permite unha dobre opción lúdica: tanto a súa construcción como o propio xoguete. Pásase unha baraza por un anaco de madeira ou un botón, e iníciase un xiro sen fin.

Concentración de xogos populares galegos. // MARTA G. BREA

Nesas idades aparece ademáis o carriño de nabo ou remolacha. Todos os nenos criados nos 80 en Galicia de orixe rural tiñan un deses exemplares feitos polos avós, coas colleitas da tempada. Xa a partir dos sete anos temos o Pase Misí ou Pasa Perico, con dous nenos facendo un arco cos brazos mentres os demáis corren para non ser atrapados ao final da canción.

A mariola, truco, peletre, raia, tella ou estrícola serve para chamar a ese debuxo no chan con números sobre o que saltar á pata coxa. Desde os 14 anos podemos xogar á billarda ou estornela considerada “o deporte nacional de Galicia”cunha Liga Nacional da Billarda con paus voadores. No ámbito marítimo, destaca a cucaña tan presente en Pontedeume ou Vilagarcía.

E para achegarse á maioría de idade a chave (tan galego que invade a fronteira de León), a petanca, e a porca ou cocha cos mesmos elementos do hockey.

Compartir el artículo

stats