A filóloga Dolores Sánchez Palomino ingresa na Real Academia Galega

Dolores Sánchez Palomino e Víctor Freixanes, presidente da RAG, con Marilar Aleixandre á esquerda. | // RAG / REDACCIÓN
REDACCIÓN
A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña (UDC) María Dolores Sánchez Palomino (San Vicente de la Barquera, Cantabria, 1961) ingresou onte na Real Academia Galega (RAG) como membro de número nunha sesión extraordinaria celebrada na sede da institución, na Coruña. A filóloga, directora do novo dicionario castelán-galego que a RAG ofrecerá proximamente en liña, defendeu na súa intervención a necesidade de que as academias aposten polos repertorios bilingües. Deulle resposta en nome da institución o coordinador do Seminario de Lexicografía, Manuel González, quen afirmou que a nova académica “vai ser un esteo fundamental no traballo lexicográfico da Academia”.
“Xunto á misión de establecer a variedade estándar dunha lingua, as academias teñen outra moi importante: a de procurar a normalización lingüística, e os dicionarios bilingües contribúen de maneira significativa ao cumprimento desta misión”, advertiu no seu discurso.
- Incertidumbre sobre el estado del cielo en A Coruña por el eclipse: la Aemet pronostica sol, pero MeteoGalicia duda
- Deportivo - Real Madrid: Horario y dónde ver en TV y online el Trofeo Teresa Herrera
- Cambio de enfoque en la lucha del Ayuntamiento de A Coruña contra el cambio climático: abandona la Oficina y el plan estratégico por un 'enfoque integral
- El director de Seguridad Ciudadana de A Coruña, Carlos Touriñán, ante el eclipse: 'El dispositivo está preparado para 250.000 personas
- Evacuada en helicóptero una mujer en la playa de Mera, en Oleiros, ante cientos de bañistas
- Adiós a uno de los bares míticos de A Coruña: Monte Alto se queda sin sus callos en 'lanchiña' y con palillo
- Guía para ver el eclipse en el área metropolitana de A Coruña: cortes de tráfico y mejores zonas de observación
- Eclipse en A Coruña: estos son los puntos de observación donde se reforzará la seguridad y la movilidad en la provincia