A RAG arranca o 6 de marzo co programa na honra de Paco Fernández del Riego

A Real Academia Galega empezará cun proxecto destinado ao público infantil | Freixanes reivindica que o homenaxeado deste ano foi “o inventor” do Día das Letras Galegas

A RAG arranca o 6 de marzo co programa na honra de Paco Fernández del Riego

A RAG arranca o 6 de marzo co programa na honra de Paco Fernández del Riego / M.Mato

M.Mato

A Real Academia Galega (RAG) ten xa data para o arranque da programación na honra de Francisco Fernández del Riego, o intelectual ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. O vindeiro día 6 de marzo comezará o tronco de actos coa presentación dunha biografía teatralizada destinada ao público infantil despois da cita en Lourenzá (Lugo) o pasado día 7 de xaneiro para conmemorar o seu nacemento.

A RAG arranca o 6 de marzo co programa na honra de Paco Fernández del Riego

A RAG arranca o 6 de marzo co programa na honra de Paco Fernández del Riego / M.Mato

Así o adiantou a institución onte nunha rolda de prensa na que o presidente da RAG, Víctor Freixanes, destacou que Del Riego foi “o inventor” do Día das Letras Galegas que na súa primeira edición, a do exercicio de 1963, se dedicou a Rosalía de Castro.

Quen fora director da Fundación Penzol durante case 50 anos presentou a idea do Día das Letras Galegas no pleno da Real Academia nunha proposta asinada tamén por Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo. Quen diría naquela data que el, sesenta anos despois, sería o autor homenaxeado o 17 de maio.

Freixanes engadiu que Del Riego foi unha das figuras máis representativas de toda unha xeración que logrou manter viva durante a ditadura a cultura de noso. Os seus integrantes, dixo, foron “os que nos permitiron ser o que somos e estar hoxe aquí. Hoxe celebramos a existencia dun activista do que todos somos fillos.

Para dar a coñecer mellor a figura de don Paco, velaquí os actos principais para todo este ano que se coñecen ata o de agora:

Marzo para os nenos.

Nesta data, na web primaveradasletras.gal, a RAG colgará As cousas de don Paco, unha biografía teatralizada pensada para os cativos. A escritora Eva Mejuto —gañadora do último premio Barriga Verde de teatro de monicreques— percorrerá a vida de del Riego con ilustracións de Lucía Cobo. Ellixiuse o CEIP Juan Rey de Lorenzá, da vila na que naceu o homenaxeado, para a presentación do proxecto que inclúe tamén a proxección da curta A orixe da nosa lingua guapa. Esta parte dunha idea da escritora Fina Casalderrey. Ademais, a web primaveradasletras.gal ofrecerá actividades para que as nenas e nenos coñezan o universo de del Riego. Tamén na web Portal das Palabras se ofrecerán recursos.

Serie no YouTube.

Tamén para marzo, prevé a RAG estrear unha serie web documental na que a produtora Miramemira (a mesma que impulsou O que arde) narrará os principais fitos do homenaxeado. Ademais, a web da Academia reservará un espazo dedicado ao intelectual e patriarca cunha biografía escrita por Ramón Nicolás e a tribuna de apertura do ano a cargo de Freixanes.

Maio, cita en Vigo.

O día 16 de maio, Vigo acolle no Teatro Afundación o Concerto das Letras do Consello da Cultura Galega en homenaxe a don Paco e un día despois, na xornada do 17, Lourenzá acollerá o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas.

Congreso en outono.

Como xa vén sendo costume, no outono, celebrarán un simposio arredor da figura de don Paco

Suscríbete para seguir leyendo