O coleccionista Román Pereiro, elixido académico de honra de Belas Artes

REDACCIÓN

O coleccionista Román Pereiro Alonso resultou elixido Académico Honorario da Real Academia Galega de Belas Artes, trala sesión celebrada o día 25 de febreiro de 2023 e despois da votación regulamentaria. A súa elección susténtase no seu apoio e defensa da arte e do patrimonio galego, mediante tarefas fundamentalmente de crítica, comisariado e coleccionismo.

Román Pereiro, médico e patólogo de profesión, coleccionista, amante da arte e persoa influínte na arte galega do século XX, reuniu aos artistas do movemento Atlántica e posibilitou que amosaran a súa obra en diversos espazos. Coleccionista apaixonado, xunto coa súa muller Malena Lepina, foi creador de iniciativas na Finca O Toutizal.