A Academia das Ciencias subliña a relevancia de comunicar a investigación de Galicia

Os premiados pola Real Academia Galega de Ciencias, no Pazo de San Roque de Santiago.   | // SUSO RIVAS

Os premiados pola Real Academia Galega de Ciencias, no Pazo de San Roque de Santiago. | // SUSO RIVAS / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou onte os seus premios anuais, destacando a relevancia de comunicar a investigación que se desenvolve na comunidade.

Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia comprenden tres categorías, premiadas con 6.000 euros cada unha. O premio Francisco Guitián Ojea de investigación aplicada recaeu no proxecto de desenvolvemento dun fármaco innovador contra o cancro de colon metastático, dun equipo do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) liderado por Angélica Figueroa. O premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía dun grupo de investigación foi para o Grupo de Sistemas Intelixentes do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago, coordinado por Alberto Bugarín. E o premio Ricardo Bescansa Martínez a un caso de éxito de implantación de tecnoloxía transferida foi para a empresa Diversa Technologies. Tamén se entregou o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, que foi para a reportaxe La revolución silenciosa de los informáticos da xornalista Mila Méndez Otero. O Premio RAGC de Divulgación Científica 2023 foi para o IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago.