Galaxia publica unha antoloxía poética do escritor e xornalista Labarta Pose

M. V.

Esta semana chegará ás librarías de Galicia a Antoloxía poética de Enrique Labarta Pose, en edición de Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela, editado por Galaxia.

Labarta Pose (Baio, Zas, 1863-Barcelona, 1925), foi escritor, xornalista e avogado. Formou parte do movemento rexionalista liderado por Alfredo Brañas, fundou varias revistas e publicou poemarios, obras teatrais e contos. Foi membro da Real Academia Galega.