Iria Aldegunde adapta o clásico ‘Memorias dun neno labrego’ nunha novela gráfica

“Quería aportar unha imaxe de como era esa Galicia esquecida”, sinalou a ilustradora na presentación do libro editado por Galaxia

REDACCIÓN

A Xunta e a Editorial Galaxia presentaron onte en Santiago a primeira adaptación da novela gráfica do clásico de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego, un traballo realizado pola ilustradora Iria Aldegunde. A obra, publicada dentro da colección Novela Gráfica de Edición Xerais de Galicia, supón, segundo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, “unha ponte” entre os lectores que creceron con este clásico da literatura galega e os máis novos de hoxe en día, que viven nunha Galicia “moi distinta” á que se describe na obra de Neira Vilas.

Aldegunde subliña que leu Memorias dun neno labrego con once anos e que volveuno a ler un pouco máis adiante; pese a que cobrou “un novo significado” cando volveu a el con 20 anos. “Quería poder representar esa alegría e emoción que sentín cando o lin”, di a ilustradora, que asegura que o maior reto ó que se enfrontou foi a idea de adaptar “un grande clásico”.

“Non quería decepcionar a ninguén. Quería que isto fora a imaxe daquel mundo, que puideran trasladarse a aquela época”, engade.

A ilustradora explicou que puxo especial atención ós espazos e ó contorno das aldeas antigas, porque na obra orixina ese aspecto “non se explora tanto”, xa que se trata dun libro máis reflexivo. “Nesta nova visión quería aportar unha imaxe de como era esa Galicia esquecida”, dixo.

Pola súa parte, Valentín García celebrou que se puidera poñer “a este galego universal, como é Balbino, ó alcance de novos públicos, especialmente dos máis xoves”. “Neira Vilas conseguiu que toda Galicia se identificar con este neno”, salientou o representante da Xunta, quen recordou tamén que o autor foi “o primeiro gran escritor da literatura galega que foi labrego de verdade”.

Na presentación tamén participaron o presidente de la Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, que subliñou que esta publicación supón “un paso adiante” porque Memorias dun neno labrego entra “noutra dimensión” coa súa adaptación a novela gráfica. “Pon en imaxes aquilo que todos como lectores tiñamos na cabeza”.

Durante o acto presentouse tamén a obra A Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez.