O Coachella baila en galego ao son de Baiuca

O escocés Barry Can't Swim picou no festival californiano a súa canción Sunsleeper, que ten como base o tema Mangüeiro

Unha actuación de Baiuca

Unha actuación de Baiuca / GUSTAVO SANTOS

O músico galego Alejandro Guillán, coñecido artisticamente como Baiuca, volveu rachar fronteiras coa súa música. En concreto foi o produtor escocés Barry Can't Swim quen picou no festival californiano Coachella a súa canción Sunsleeper, que ten como base o tema Mangüeiro, obra de Baiuca en colaboración con Xosé Lois Romero e Aliboria.

No vídeo, compartido polo propio Baiuca na súa conta de Twitter, obsérvase o furor que produce esta canción entre os asistentes a un dos festivais máis famosos do planeta.

Precisamente este sample de Barry Can't Swim fora escollido por Apple para presentar o novo Apple Watch hai uns meses.