Homenaxe do PP a Luísa Villalta na Coruña

Homenaxe do PP a Luísa Villalta na Coruña.

Homenaxe do PP a Luísa Villalta na Coruña. / Moncho Fuentes/Efe

Redacción

O Partido Popular de Galicia celebrou este sábado un acto na Coruña polo Día das Letras Galegas no que reivindicou o modelo lingüístico do “sentidiño” e a “liberdade” que hai en Galicia fronte a quen avogan polo “sectarismo e a imposición”. Iso dixo a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, nun acto no que tamén homenaxearon á poeta coruñesa Luísa Villalta, a quen se adicou este ano a festa do 17 de maio. No acto, participaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o voceiro municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, e os candidatos ás eleccións europeas Francisco Millán Mon e Pablo Gómez Cedrón.