Robert F. Arnove recolle o I Premio Afundación de Investigación Educativa

Robert F. Arnove, un dos máis reputados expertos en educación comparada a nivel mundial, recollerá hoxe, ás 12.00 horas, no Centro Obra Social Abanca de Santiago, o I Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa, ao que se presentaron un total de 111 candidaturas.

Na primeira parte deste evento, e precedendo á entrega do premio, desenvolverase unha mesa redonda sobre educación comparada, na que participará o propio Robert F. Arnove, e na que estará acompañado polos expertos Mariano Fernández Enguita, da Universidad Complutense de Madrid, e Luis Miguel Lázaro Lorente, da Universidad de Valencia. O catedrático de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago Miguel Ángel Santos Rego exercerá de moderador. Na segunda parte participarán Simona Popa, responsable de Creación e Xestión do Coñecemento da Oficina Internacional de Educación da Unesco, e Martín Aiello, profesor e investigador d Universidad de Palermo e da Universidad de Tres de Febrero de Arxentina, e tamén integrante do xurado.