Tanxugueiras e Fillas de Cassandra únense nun novo sinxelo
‘Quen é a que canta?’ está disponible nas plataformas para a súa escoita e visionado dende onte á noite
![Sabela, María, Aida, Olaia e Sara, de Tanxugueiras e F. de Cassandra.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/4300c0f2-5a4f-40b2-a24b-337757d44a84_16-9-discover-aspect-ratio_default_0_x553y241.jpg)
Sabela, María, Aida, Olaia e Sara, de Tanxugueiras e F. de Cassandra. / LOC
Mar Mato
A colaboración musical entre Tanxugueiras e Fillas de Cassandra xa está dispoñible para a súa escoita como sinxelo dende onte á noite nas plataformas. Baixo o título de Quen é a que canta?, os dous grupos galegos unen as súas melodías nunha canción onde o tradicional e contemporáneo se enfían.
Ata agora, podiamos gozar co tema nas gravacións que houbera do directo co que rematou a xira Midas no Coliseum da Coruña. Alí, Tanxugueiras e Fillas —as segundas convidadas polas primeiras actuaron para interpretar a canción con sachos incluídos. Era mediados de decembro do pasado ano.
Unha nova oportunidade para escoitala en directo foi no directo de apertura do novo tour de Fillas de Cassandra, Últimas dionisíacas, o pasado 16 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo na cidade olívica.
Alí, Sara e María convidaron a Tanxugueiras para actuaran con elas, o que aconteceu no medio do concerto, co público atónito, pero tamén no remate cando Aida, Sabela e Olaia volveron ao escenario co resto de artistas convidados —entre os que se atopaban Mondra e o vasco Zetak, entre outros— para pechar con Mari Carmen. Esta é unha versión do hit de La Pegatina na que a protagonista en lugar de ter un fillo que vai de after hours e raves pasa a ter unha filla.
No YouTube, tamén podemos atopar o tema cantado ao vivo só por Tanxugueiras en Le Théâtre Montbéliar o 14 de marzo deste ano, dentro do festival MA Scène Nationale.
Quen é a que canta? é un tema de sororidade entre mulleres artistas que lembra a nenez e os mundos de fantasía desta, para ir medrando e abrindo os ollos ao mundo e á arte.
O vídeo do tema foi tamén estreado onte á noite, antes do peche desta edición, realizado unha vez máis pola produtora audiovisual galega Trece Amarillo, quen lles ten dirixido os videoclips Midas, Averno ou Figa ás Tanxugueiras.
Os dous grupos están nominados aos Premios de la Música Independiente: Fillas de Cassandra teñen catro nominacións e Tanxugueiras, tres.
- Primeras sentencias que ordenan desahuciar a inquilinos en Cambre a pesar de que pagan
- Estos son los dos pueblos más felices de Galicia: los únicos en el top35 de España
- El artilugio todoterreno de que está arrasando en Lidl cuesta solo 4,99 euros
- Crystal Fighters, cabeza de cartel del Noroeste, al que se unen The Rapants y Fillas de Cassandra
- Al menos dos heridos en una estampida causada por un incidente en Alvedro
- Nájera explora el mercado
- Ximo Navarro, a cerrar la inestabilidad
- El pleito por las expropiaciones del castro de Elviña sienta jurisprudencia en toda España