A Festa dos Porcos enche Labañou de música en galego

Membros de Banda Xangai no escenario da Festa dos Porcos.   | // GERMÁN BARREIROS/ROLLER AGENCIA

Membros de Banda Xangai no escenario da Festa dos Porcos. | // GERMÁN BARREIROS/ROLLER AGENCIA

A Festa dos Porcos, que recupera as antigas romarías do coruñés barrio de Labañou, comezou onte cunha actuación de Os Viqueiras en sesión vermú na praza da Tolerancia. Tras música e humor de Lili Cleta, xogos tradicionais, clown e un pregón de Belén Regueira, pola tarde tocaron a formación coruñesa de cantareiros Maghúa, a agrupación feminina Habelas Hainas e a Banda Xangai, liderada por Xurxo Souto, de Os Diplomáticos de Monte Alto, e que colle o nome do tren que unía Galicia e Cataluña.