´El andamio´ é una película amateur de ficción rodada en 16 mm cunha duración de case trinta e cinco minutos, escrita e dirixida por Rogelio Amigo, producida polos irmáns DoCampo e protagonizada por Marisa Naya, José María Pujalte, Juan R. Guisán e Carmen Bermúdez.

Comeza coa caída dun albanel desde o alto dun andamio para dar paso a unha crítica social sobre a explotación dos obreiros nun marco espacial de represión e desenvolvemento franquista. Así, é considerado como o primeiro filme social realizado en Galicia.

Poucas foron as proxeccións que se realizaron -a pesar de ser recoñecido a través de numerosos galardóns, entre eles o primeiro premio no festival de cine de San Sebastián daquel ano-, xa que estivo desaparecido sen figurar apenas nos estudos e tratados do cinema en Galicia. A censura da época á que estivo sometido pode explicar o olvido de todos estes anos.