A rotura da válvula de seguridade dunha tubaxe que conduce vapor de auga na refinería de Repsol xerou a alarma onte pola tarde en Meicende, xa que a avaría ocasionou un ruído moi forte que puido ser apreciado polos veciños en toda a localidade, o mesmo que a saída ao exterior do vapor nunha columna de gas que se elevou por riba das instalacións.

A compañía asegurou que a emisión que se realizou ao exterior foi totalmente inocua, posto que se trata unicamente de auga empregada nunha unidade auxiliar do complexo industrial, e que a súa expulsión ao aire libre é o mecanismo habitual de seguridade cando se produce un exceso de presión, debido a que non é contaminante.

Repsol informou que tras localizar a avaría ocorrida nesta unidade, a condución foi pechada e normalizada polo seu persoal sen que se producira ningunha persoa danada polo incidente.