Alonso Caxade Trombonista na orquestra os Modernos

"A nosa ansia é facer música que estea ao servizo do baile"

"O disco 'Dissimulem' converva a esencia de trazos tradicionais e de música de orquestra"

31.08.2016 | 00:38
Componentes de Os Modernos. Caxade primeiro pola esquerda.

O músico Alonso Caxade chegará ao escenario de Campo de Marte coa orquestra Os Modernos, o venres ás 20.00 horas.

-Como se podería definir a orquestra Os Modernos?

-É un grupo ambientado nas orquestras e os ritmos de moda dos anos trinta e cuarenta, cun afán de xogar co que supón que unha orquestra siga tocando ritmos de moda con instrumentos tradicionais, neste caso a gaita. O repertorio componse de pezas que se escoitaban no país e de grandes éxitos da época na cultura lusófona. A nosa ansia é facer música que estea ao servizo do baile.

-Veñen de publicar o seu primeiro disco Dissimulem.

-O disco está funcionando moi ben, porque segue conservando esa esencia de trazos tradicionais e de música de orquestra ao mesmo tempo. Posto en práctica ao vivo, está adobado cun espectáculo pseudocómico cun toque de dramatización que fai que non só sexamos un grupo de música, senón que tamén hai unha representación teatral para arroupar isto.

-Tamén veñen de gañar o premio Marín Códax 2016 na categoría de música de verbena.

-Para nós, aparte de recuperar a esencia das bandas de música e as primeiras orquestras no sentido do arranxo, tamén é importante recuperar os ambientes de verbena a un nivel de decibelios máis baixo do que se traballa hoxe en día e recobrar a importancia do momento do baile.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine