Os 550 auxiliares de conversa de 17 nacionalidades diferentes contratados pola Consellería de Educación co fin mellorar a competencia lingüística en idiomas estranxeiros entre o alumnado xa están incorporados aos centros escolares galegos, onde impartirán docencia ao longo do presente curso. Ademais de incrementarse nun 10% o número de auxiliares (46 auxiliares máis que o curso pasado), tamén se incorpora por primeira vez o idioma ruso (xunto co alemán, chinés, francés, inglés e portugués, que xa se viñan impartindo). Deste xeito, Galicia é a segunda comunidade con mellor ratio de auxiliares por alumno en todo o Estado. Por idiomas, 506 son auxiliares de conversa en lingua inglesa, 19 en francés, 10 en alemán, sete en chinés, outros sete en portugués, e un ruso. A incorporación destes 550 profesionais ao sistema educativo galego é unha das accións prioritarias de EDUlingüe 2020, cuxo obxectivo é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa. Todos elesprestarán apoio nos 322 centros plurilingües que hai en Galicia, así como en centros con seccións bilingües e en Escolas Oficiais de Idiomas.No presente curso 83 centros introducen o plurilingüismo en Infantil, catro en Bacharelato e por primeira vez incorpóranse 12 ciclos formativos plurilingües en sete centros.

O Plan EDUlingüe está dotado con preto de 70 millóns de euros ata 2020, co obxectivo é ampliar o plurilingüismo a todas as etapas educativas.