Na rúa da Franxa, onde agora están as oficinas da Facenda municipal, naceu Moncho Valcarce, o cura das Encrobas. Hoxe, no 25 aniversario do seu pasamento, o Concello da Coruña inaugura unha placa que o recorda na súa casa natal.

"Moncho Valcarce é desas persoas que marchan deixando tras de si unha sociedade

máis xusta da que atoparon. Moncho, do mesmo xeito que Domingos Merino, a quen hoxe

choramos, é desas contadas persoas que marchan deixando futuro tras de si", comentou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. "Nunha cidade que adoeceu durante moito tempo de manter estatuas e honras a aqueles cuxo recordo se basea só na dor que causaron, é un acto de xustiza e recoñecemento que dende hoxe contemos cunha placa en recordo de Valcarce", dixo o rexedor municipal.

No acto, participou tamén o presidente da Irmandade Moncho Valcarce, Ramón Muñiz de las Cuevas, que lembrou que a fora a súa fe a que o puxera sempre do lado dos doentes, dos oprimidos e vulnerables.