As embarcacións do R.C.N. da Coruña Menudeta e Victoria foron os campións na XII Trofeo Guisanda, primeira regata puntuable para o Circuíto Galego de Solitarios e a Dous, nun percorrido de 26 millas náuticas déronse cita vinte e catro embarcacións. Durante boa parte da competición, o U 47 de Peinó e González encabezou a navegación secundado polo Menudeta de Carrión e Sardiña, mentres que en solitarios a loita estaba moi pechada entre O Riás de Ramón Carnota e o Victoria de Jesús Pintos, ata que un fallo mecánico do primeiro obligouno a retirarse.

Na baixada cara A Coruña, a altura da Marola, o vento comezou a poñerse un pouco de proa, polo que tiveron que navegar dirección a Guisanda. Malia que o U 47 parou o crono en 3 horas e 48 minutos, o vencedor en tempo compensado resultou a Menudeta, que entraba os poucos minutos. En clase solitarios, a Victoria non tivo rival.