Fin da temporada. Do soño laranxa. O Leyma Coruña pon fin o play off de ascenso a ACB tras caer en Palencia (83-77) nun partido moi igualado pero que o local soubo manexar mellor nos dous últimos cuartos. Loitaron moito os de Tito Díaz e levan o premio do traballo ben feito.

Se algo marcou o primeiro cuarto foron as triplas. Catro do local e tres dos laranxas resumiron os dez primeiros minutos, nos que a igualdade era evidente. Un inicio moi diferente o do pasado domingo, cando o Palencia arrasou con todo. Nesta ocasión comezou con forza Blanch, xunto a un Rodríguez que sorprendeu en Riazor pola súa calidade. Dos coruñeses, Javi Lucas e Zyle levaron o timón do Leyma en ataque. En defensa, ademais, moi atentos para evitar un baixón prematuro.

Se o Palencia metía unha tripla, o Leyma contestaba con outra. E se era de dous o dende a liña de libres, igual. Ata que Blanch marcou o camiño e levantou o seu equipo para poñerse dez arriba (43-33). Unha vantaxe que non asustou os homes de adestra Tito Díaz, que non puideron cerrar a eliminatoria na casa hai uns días.

Djuran e Olmos fixeron recordar os seus compañeiros que un triunfo en Palencia era posíbel. En só seis minutos, puxeron o Leyma a un punto (50-49). Pero Blanch non fallou, e fixo moito dano dende lonxe. A sorte, que Rodríguez non tiña o seu día. E aínda así, o conxunto laranxa non acadou a súa mellor versión. Tivo erros na defensa que aproveitaron os palentinos (65-54) e, por diante, só dez minutos para corrixilos e acadar o seu rival. Intentouno. Iso sempre. Despois dun minuto e medio sen punto e un tempo morto, a tripla de Djuran amosou o camiño os coruñeses. Zyle e Monaghan tentaron anotar dende 6,75 pero o Leyma só sumaba baixo aro. Olmos non fallou nos libres cando o Palencia facía falta, pero Otegui apareceu para meter as canastras decisivas. Así rematou o soño laranxa tras unha tempada moi ilusionante e chea de atrancos.