EN DIRECTO
a pé de rúa

Oltra soltou a mochila

 17:35  

XOSÉ MANUEL MALLO Case un ano enteiro cunha mochila no lombo, que non puido soltar ata consumir 41 das 42 etapas que estaban marcadas no roteiro do Deportivo no seu percorrido cara Primeira deberon deixar unha boa marca nas costas e, sobre todo, na mente de José Luis Oltra, o adestrador do Deportivo. Na pasada temporada só un resultado válido: o ascenso. Estaba obrigado. Tiña tres posibilidades de acadalo cos seus xogadores, e o fixo da mellor maneira posíbel, aínda que afastando un chisco o desenlace final. Había que ascender si ou si. O futuro da entidade dependía en grande parte de que o Voltaremos se convertise nun Xa estamos de volta. Sabíao o adestrador, e os futbolistas. Como tamén saben que agora teñen que rematar con tres equipos por baixo deles. É outra necesidade. Non sei se tan urxente como a da temporada anterior, pero é o seu traballo. Alén deste primeiro paso, que é o que se marca Oltra e do que falan todos os futbolistas, están outro retos para os que o equipo que acadou Lendoiro pode estar preparado. Dise na rúa. Lóxico, quen lle pode cortar as asas á ilusión? Ninguén, agás certos gobernantes na actualidade, porque ilusionarse é un xeito de vida. Unha forma de tirar cara adiante, pero é ben certo que con ilusión só non se anda camiño. Eu penso como moitos, que hai equipo, pero abóndame con ir amodo. Por iso penso, so faltan 39.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
 
Temporada 2012 - 2013

Plantilla del Deportivo

El club blanquiazul confecciona una plantilla sin invertir en traspasos para lograr la permanencia

 

Buscador de deportes

Información patrocinada

Calendario Primera División

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Faro de Vigo | Información | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya