Hai que agardar para ver como remata a xornada e comprobar cal é o posto real do Deportivo na clasificación. Iso é o que se olla nada máis rematar o partido. Pero hoxe de pouco serve porque aínda teñen que xogar todas as demais equipas entre hoxe e mañá. A min o posto agora mesmo dáme o mesmo. Porque tal como van as cousas no vai faltar moito para que estea, outra volta, de última. Pénsoo eu, que son positivo por natureza, pero teño razóns para facelo, o mesmo que alguén máis polo que puiden ler por aí. Termos como decepción, vergoña, banda e algúns máis deste tipo aparecían nas redes sociais onte durante e após o partido. Duros? Non, reais. Unha equipa que non xoga a nada, que non sabe nin sequera a que xoga, só pode facer unha cousa: pelexar. tentar facer o que tentou na segunda metade, cando polo menos tivo chegadas preto da portería adversaria. Tentalo, da forma que sexa, xa que non pode ser con fútbol. Unha equipa que está en construción, que se está a facer, polo menos terá que saber defender. Nin iso. O Deportivo de onte, como o de Cornellá e outros partidos só está no campo. Agás o partido perante o Valencia e parte do Almería o Deportivo nunca ofreceu nada. Non ataca e en defensa fai moitísimas concesións. Moitísimas. Eu dicía hai dous meses que estaba ledo porque vía futbolistas. Agora só podo asegurar que na teoría os hai. Ningún amosa o que semella que é quen de dar. Fariña, Cuenca, Medunjanin onde están? Non estou preocupado, estou o seguinte.