02 de abril de 2018
02.04.2018
"Qué duda cabe!"

Nin xogando ben!

02.04.2018 | 01:10
Nin xogando ben!

Un partido menos para que remate este conto e un punto máis de distancia coa salvación. Esta é a historia desta xornada na que o Deportivo volta con outra derrota malia ao seu bo partido no Metropolitano. Perdeu perante un dos grandes do fútbol español, un equipo que marcha por detrás dos dous poderosos pero que cando se topa con equipos cativos recibe as favores dos xuíces en resposta á súa categoría. Penalti? Pódese pitar, pero sempre que o árbitro sexa quen de manter o mesmo criterio ao longo do partido. Cantos se teñen que pitar en noventa minutos? Pois iso. E que cando estás medio morto xa calquera pensa que é quen de meterche a puñalada definitiva. De todos xeitos, o Deportivo non perdeu só por ese penalti, perdeu tamén porque non hai quen marque un gol. Onte houbo ocasións para ter batido a Oblak, pero a pelota non entra e moitas veces é porque se fai unha mala elección do remate. Posiblemente sexa porque os futbolistas están agoniados e non teñen a cabeza fresca, outras porque? non hai máis. Faltan oito partidos, dos que hai que gañar tres máis que o Levante, que volveu rabuñar un punto nesta volta con certa dose de sorte, como a que tivo noutros encontros, pero iso tamén hai que buscalo. Por aquí, só queda deixar pasar as semanas ata que remate o campionato, e tentar acadar un triunfo co que agasallar á parroquia. A mellor oportunidade será o venres perante o Málaga, outro cadáver futbolístico que onte si que soubo gañar despois de catro meses. Polo menos, xogar como onte.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine