15 de abril de 2018
15.04.2018
"Qué duda cabe!"

Ferro!!!

15.04.2018 | 01:22
Ferro!!!

Nestes casos só queda unha palabra: ferro! Non hai máis porque a ilusión está moi desperta outra vez. E outra volta a crer. É que mesmo para morrer hai que facelo con sufrimento! Ou será que eu estou xa moi negativo. O partido do Metropolitano argüíume, malia a derrota (que foi daquela maneira como ben se sabe); o do Málaga deume folgos ainda que lembro a cativeira primeira parte; o de onte ? uffff?, o de onte? Supoño que despois dos que aconteza no Atlético-Levante terei máis certo o que pode acontecer. Iso si, sen ollar moito máis lonxe sei que na vindeira xornada o equipo granota recibe ao Málaga. Polo menos nestes estertores que dá o Deportivo está deixando sinal, e do bo. É como morrer matando, non si? Mentres, toca pasalo ben, seguir coa festa de onte coa que poucos contabamos, porque seguir vivo é unha festa. Despertar cada día é unha festa. Isto é o que acontece cada día (temporada) co Deportivo. E parte desa vida débese onte o grande parte a Lucas, sei que non marca, que os seus números non son bos se so se ollan os goles, pero eses mesmos números son importantes se contamos os goles doutros compañeiros. Onte estivo en todas as xogadas decisivas malia non marcar. Que erro cometeu no derradeiro minuto do primeiro tempo! Ese argumento escoiteino onte, pero desapareceu cando todos nos decatamos de que Kepa tocara o balón fóra da súa área. Algo pasara para que non houbese gol. Que é transcendental, pero tamén o seu movimento para xerar a xogada. Como outras nas que foi decisivo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine