Conta atrás para a elección do novo líder do PSdeG

Villoslada e Caballero desputaranse nas primarias de mañá converterse no novo secretario xeral dos socialistas e superar a súa crise interna e electoral

07.10.2017 | 14:07
Conta atrás para a elección do novo líder do PSdeG

O PSdeG elixirá mañá novo secretario xeral e así porá fin a máis dun año sen líder desde que José Ramón Gómez Besteiro dimitise por un presunto caso de corrupción que deixou ao partido en mans dunha xestora presidida pola deputada no Congreso Pilar Cancela. A batalla por liderar aos socialistas gallegos comezou con tres candidatos: o militante vigués Gonzalo Caballero, o deputado autonómico Juan Díaz Villoslada e o portavoz parlamentario Xoaquín Fernández Leiceaga. Pero a loita de mañá reducirase a dous despois de que o portavoz do PSdeG no Hórreo decidise renunciar á súa candidatura e integrarse no proxecto de Caballero. Este último partía como favorito ao acadar 2.297 avais polos 1.803 de Leiceaga e os 1.790 de Villoslada.

As dúas candidaturas presentanse como a mellor opción para renovar e unir ao partido e converterse en alternativa de goberno en Galicia. Para Caballero o seu rival representa "unha prórroga do pasado" cun proxecto deseñado polas "baronías" e para Villoslada o pacto con Leiceaga é un exemplo de "vella política".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

 

El periódico continuará ofreciendo, día a día, segundo a segundo a través de su web, el aire fresco que introdujo en 2000 en el panorama informativo coruñés

 

Enlaces recomendados: Premios Cine