17 de mayo de 2018
17.05.2018

Os gardiáns cibernéticos da Xunta

Un equipo de 13 profesionais encárgase de blindar a Administración dos ataques vía internet - A metade das xestións nas consellerías fanse de maneira 'online'

17.05.2018 | 02:46
Unha muller consulta a páxina da sede electrónica da Xunta.

Galicia sofre cada día 1.726 ciberataques, intentos de roubar datos bancarios ou secuestrar móbiles e portátiles. Algún deles seguro que vai dirixido á Administración autonómica, pois ela é a gardiá dos datos fiscais, o historial sanitario, ou o expediente académico e xudicial de todos os galegos, pero a Xunta nunca ofrece datos das ciberamenazas ás que fai fronte. Sen embargo, a posta en marcha do Centro de Resposta Rápida ante incidentes de Seguridade evidencia que o Gobierno autonómico toma en serio os perigos do mundo virtual, e as ciberamenazas non son puntuais e ailladas.

Un equipo de trece profesionais expertos en TIC conforma este Centro de Resposta Rápida e a súa misión é frear calquera ataque cibernético ou minimizar o máximo posible o seu impacto. Para iso, monitoriza os sistemas de información de todo o complexo administrativo da Xunta e pon en marcha medidas de seguridade para reforzar o control e blindarse diante das amenazas cibernéticas. Tamén elabora auditorías de seguridade e análises de risco e lanza advertencias sobre ameazas emerxentes, explican desde a Xunta. E, se é necesario recibir axuda externa, pode pedir colaboración a empresas do sector TIC, como Telefónica, R, Ednon, Emetel, Unisys y Balidea.

Este Centro de Resposta Rápida, posto en marcha este ano, aínda que o Executivo galego xa tiña traballadores responsables da seguridade e informática, acaba de integrarse en CSIRTs, unha plataforma independente sen ánimo de lucro composta polos equipos de resposta a incidentes de seguridade CSIRT/CERT que operan a nivel estatal.

Galicia é a cuarta comunidade que se apunta, despois de Cataluña, Valencia e Andalucía. Tamén pertencen a este foro empresas como Renfe, Telefónica, Mapfre, Caixabank, Everis, Eulen ou a Guardia Civil e os Mossos.

Nesta plataforma os socios intercambian información sobre ciberseguridade e comprométense a actuar de forma rápida e coordinada diante de calquera incidente que poida afectar simultaneamente a distintas entidades.

A Xunta reforza as súas medidas de seguridade na rede porque cada vez é maior o volume de información "sensible" que se garda de forma electrónica e non paran de medrar as comunicacións virtuais da Administración autonómica cos cidadáns. A modo de ilustración, máis do 51% das xestións realizadas na Xunta no primeiro trimestre deste ano foron vía online. O ano pasado, entre xaneiro e marzo, a porcentaxe era do 43%. Tamén se cuadriplicaron as notificaciones electrónicas que a Xunta envía aos galegos, a través do correo ou do móbil. Fai un ano foron 14.100 e no primeiro trimestre deste exercicio xa superaron las 55.300. Pola súa banda, os cidadáns enviaron medio millón de documentos asinados electronicamente, frente aos 280.500 do primeiro trimestre do ano pasado. Ademais evitóuselle aos cidadáns presentar máis dun millón de documentos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine