Voluntarios e vontade

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

.

ANTÓN LUACES. Muxía, onte e hoxe. Como mostra de agradecemento. Como vieiro de ida e volta. Muxía, 7 e 8 de decembro, nunha ponte da Constitución que, en 2002, fora ponte negra e de dor. Foi, precisamente, cando comezou a chegar esa manchea de voluntarios que veu para respirar ao unísono, a traballar coas mans da alma para evitar que Galicia fose o que logo, desgraciadamente, foi: unha esterqueira na que o chapapote mal xestionado deu de comer a algunhas empresas amigas de quen ordeaba e, de paso, fixo chorar a quen viña a axudar e só puido comprobar que a Administración non era quen de organizar o caudal de vontade que chegaba aquí para loitar contra a insensibilidade de quen tiña despachos en Madrid e mesmo en Santiago de Compostela. Xa é história, evidentemente. Pasou o que pasou e agora só queda dicir gracias, grácies, eskerrik asko, grazas, merci, danke, thank you... E sería bo que as mostras de agradecemento non cheguen, exclusivamente, dos muxiáns. Porque a débeda cos voluntarios é de Galicia, aínda que Muxía, como Carnota, como Fisterra e tantas e tantas outras vilas galegas representen ese sentimento unitario dun pobo, o de Galicia, que soubo e sabe valorar o que fixeron os de aquí e os de fóra para dar unha solución que non facilitaban aqueles que tiñan poder para facelo.

O polideportivo de Muxía acollerá outra vez aos que viñeran daquela e que agora van atopar unha vila nova que, sen embargo, non os vai esquecer. Aquí, en Muxía, aínda hai quen chora a morte dalgún dos voluntarios que quedaron para sempre, mentras outros daban un paso máis adiante, casaban e tiñan fillos nesta terra que, inicialmente, non era a propia e agora é a de todos. A praza que foi negra de chapapote será, desde hoxe, o Coído do Voluntariado. A lonxa vai quedar pequena para a cea dos voluntarios, desta vez sen fríos e coa mesma calor entrañable das mulleres e os homes dun pobo mariñeiro que o ten todo moi presente. Todo, ou case todo, está nas fotografías. Mesmo as mentais. E mañá quedará exposto novamente en mesas redondas que analizarán as consecuencias do Prestige, o papel do voluntariado creado nesa marea branca solidaria que encheu as praias, os coídos, as rúas de Muxía; o papel dos medios de comunicación e o movemento social reflectido no berro e o sentimento de Nunca Máis.

Van aló cinco anos. É hora dunha fonda aperta silandeira, como quen amaina un cativiño para que medre e non se perda.

Seis letras para todo un mundo: Grazas.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009