A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica resolveu os premios para proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e de innovación didáctica na Formación Profesional, uns galardóns que recoñecen iniciativas de nove centros coas que colaboran de 15 empresas. Este certame busca impulsar o emprendemento no marco destas ensinanzas. A Xunta destinou a estes premios 290.000 euros. Desde a súa primeira edición en 2014, supuxo un investimento de máis de un millón de euros. O concurso conta con dúas modalidades. Na primeira participaron proxectos enfocados á innovación tecnolóxica ou científica e á mellora de procesos de produción ou prestación de servizos. Nela resultaron premiados Agroalimentaria do Eume do IES Fragas do Eume; Maker Gal, do CIFP Politécnico de Santiago; Navantia S.A. e Protección Medio Ambiental S.L.,do CIFP Ferrolterra de Ferrol; e Fuertespenedo Arquitectos, do CIFP Ánxel Casal de Santiago.Na modalidade B, premiaronse proxectos baseados na creación de materiais didácticos que supoñan unha innovación nalgún sector. Trátase de Navantia S.A. e Talleres Mecánicos S.L., do CIFP Ferrolterra; Finsa, Madeiras Besteiro S.L., Allforsail S.L. e Gairesa, do IES de Ortigueira; Navantia S.A., Iberdrola Renovables e Talleres Mecánicos Galicia S.L. do CIFP Someso da Coruña; o proxecto da IES Universidade Laboral da Coruña; ONCE e Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber) de Carballo; e Rivelsa, do CIFP Coroso de Ribeira.