A Orquestra Sinfónica de Galicia celebrará a súa entrada no rueiro da cidade o 14 de febreiro, entrará para substituír ao nome Cabo Santiago Gómez, que será retirado en aplicación da lei de memoria histórica, que chega á súa última fase con este cambio no nomenclátor. A formación, que cumpriu o ano pasado o seu primeiro cuarto de século de vida, fará un acto de celebración da súa entrada no mapa da cidade.

O Goberno Local, nas súas 25 medidas para poñer en marcha nos primeiros cen días en María Pita, marcaba como obxectivo a aplicación da lei de memoria histórica. A mudanza de nomes comezou en outubro de 2015, cando a praza Millán Astray pasou a ser praza das Atochas. Era unha das máis de vinte modificacións que o pleno aceptara no ano 2009 -con PSOE e BNG en María Pita- pero que non se executaron até o de agora.