Ricardo Vales, David Pena e Alberte Fernández foron os tres presidentes que participaron no acto de aniversario. Fernández Mariño é o actual, con cinco anos no cargo pero só 30 de idade. Con Esperanza e Yolanda, posaron suxeitando un pendón histórico que atoparon hai nada nos arcóns da asociación. No acto estiveron veciños, representantes doutras asociacions, un grupo mixto de Gaitas Os Castros-Monte Alto, e membros dos catro grupos municipais.