Coa defensa dos "dereitos colectivos de Galiza" por bandeira, xurdiu hai unhas semanas en Santiago a Vía Galega, unha plataforma composta de arredor de medio cento de asociacións sociais, políticas e culturais e unhas 500 persoas que onte veu nacer a súa delegación na Coruña. Na inauguración, presentada pola exconcelleira do BNG na cidade María Xosé Bravo, o colectivo fixo fincapé na necesidade de "non estar calado e levantar a voz para protexer a lingua e a cultura do país", defender a autodeterminación e decidir sobre cuestións como o aforro dos galegos.