O BNG inicia hoxe na polideportiva de San Cidre ás 21.00 horas unha ronda de xuntanzas por todas as parroquias bergondesas para coñecer as inquedanzas e propostas da veciñanza.

“Estivemos, estamos e estaremos sempre sempre ao lado da xente, por iso queremos saber as súas propostas e problemáticas”, apunta o voceiro nacionalista, David Carro. A ronda de xuntanzas Ti contas proseguirá o 24 de maio en Guísamo.