Debutaron discograficamente cunha obra con bastante variedade estilística, na que as voces femininas amosaron calidez e delicadeza. Quedaron sen unha cantante e quedan catro, que coa compaña dos tres músicos están a preparar con calma as pezas do seu segundo álbum, no que pretenden atopar unha sonoridade propia que identifique á banda.