Premios Opinión da Música de Raíz
Os XXI Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen o debut de Caamaño & Ameixeiras e o tema de Rosa Cedrón para a súa filla
O dúo acadou o galardón ao Mellor Disco por Aire! e a artista monfortina a Mellor Canción Orixinal por 'Ti miña flor' - Pancho Álvarez foi recoñecido como Mellor Artista e o contrabaixista Álvaro Iglesias gañou a Mellor Adaptación dunha peza tradicional polo pasarrúas de 'Os Trinta de Trives'
LOC
Os XXI Premios Opinión da Música de Raíz entregáronse esta noite no teatro Rosalía. As candidaturas estiveron moito máis repartidas que en anteriores edicións e os proxectos elixidos foron moi heteroxéneos. Esta noite premiáronse os artistas que están a traballar e desenvolver a música de raíz e abordan a creación musical desde diferentes prismas. A discográfica Fol Música recibiu o XV Premio Opinión Andaina Senlleira pola súa labor dedicada á publicación de artistas galegos. Ao longo da súa traxectoria, publicou traballos de destacados grupos e solistas como Budiño, Berrogüetto, Na Lúa, Leilía, Uxía, Fuxan os Ventos, Os Cempés, Rodrigo Romaní, Chouteira, Emilio Cao, Radio Cos, Pancho Álvarez, Susana Seivane e o dúo Rosa Cedrón & Cristina Pato.
O xurado desta edición decidiu outorgar a distinción de Mellor Artista a Pancho Álvarez, un veterano músico da escena musical galega que conta cunha interesante carreira e chega ao seu sexto álbum como solista. A Mellor Canción Orixinal foi para Rosa Cedrón por 'Ti miña flor', un tema composto para a súa filla, que afonda no ton lírico e delicado dentro do estilo interpretativo da artista. O contrabaixista Álvaro Iglesias acadou o recoñecemento de Mellor Adaptación dunha peza tradicional polo pasarrúas de 'Os Trinta de Trives', unha adaptación intelixente que mantén o espírito do noso folclore. O Premio ao Mellor Disco foi para Aire!, o debut discográfico do dúo Caamaño & Ameixeiras, un traballo con algunha peza propia e adaptacións de tradicionais ao seu xeito.
Nesta ceremonia que celebra a música de raíz estiveron presentes a Asociación Cultural Donaire, que foron os encargados de abrir a gala cun espectáculo de danza acompañado de pandeiretas, gaitas, acordeón e percusión. Tamén o grupo Zumaque, galardoado na anterior edición, achegou algunha peza nova ao escenario do teatro Rosalía, e as cantareiras de Zoelas pecharon a gala cunha mestura de música tradicional e un amplio abano de posibilidades sonoras.
- El Puerto de A Coruña tiende la mano al de Ferrol: pone 'a su disposición' sus muelles para apoyar el desembarco de la fábrica de coches de SAIC
- Revuelo en el negocio inmobiliario de Os Mallos, en A Coruña, por la futura intermodal: 'Hay interés de invertir en alquiler de temporada y habitaciones
- El bar con uno de los callos más famosos de A Coruña: 'La receta no se ha tocado en 52 años
- La histórica ruta a Londres-Heathrow que A Coruña perdió en favor de Santiago dejará de operar este invierno
- Marineda City abre nueva tienda dedicada al universo femenino
- José Luis Méndez Romeu: “A Coruña necesita una nueva instalación para la ópera y la ubicación perfecta es el muelle de Calvo Sotelo”
- El eclipse de Sol llega a los mercados de A Coruña: el Concello distribuirá 20.000 bolsas con el diseño de la Torre
- Las obras de la estación intermodal entran en su última fase: la nueva zona de vías y andenes se completará en las próximas semanas


