Unha nova editorial en galego nace na Coruña

Unha nova editorial en galego nace na Coruña | VÍCTOR ECHAVE

Unha nova editorial en galego nace na Coruña | VÍCTOR ECHAVE

A Livraria Suéva acolleu onte a presentación de Boadicea Editora, unha nova editorial en galego especializada en fantasía, ciencia ficción e terror para todas as idades. A editora sae ao mercado coa tradución ao galego de Ubik de Philip K. Dick, unha obra referencial no eido da ciencia ficción. Tamén presentou o primeiro volume da colección infantil Cartafol de fantasía co álbum infantil O biosbardo e os paxaros sen cor, con traducións ao inglés e ao portugués.