Entrevista |

Alfonso Gómez, vicealcalde de Xenebra: “Sería máis difícil ser alcalde de Ponteceso, alí coñezo a todo o mundo”

“Tendo diñeiro todo é máis doado, pero tamén hai máis expectativas por cumprir”

Alfonso Gómez, en el Palais Anna et Gabriel Eynard, en Ginebra.   | // A.P.

Alfonso Gómez, en el Palais Anna et Gabriel Eynard, en Ginebra. | // A.P. / Gemma Malvido

Como chega un veciño de Corme a alcalde de Xenebra?

Eu nacín en Corme e estiven vivindo alí até case os cinco anos, despois vinme cos meus pais aos oito anos, despois volvín a Galicia, porque o meu avó era mestre alí en Corme e estiven un ano e, despois, fun interno para á Coruña até os catorce anos, que xa volvín para Suíza.

Forma vostede parte desa xeración que chaman os nenos do armario —nenos que, por seren fillos de emigrantes, non tiñan dereito a estar no país e aos que as familias escondían nas casas?

Nunca foi o meu caso. Daquela, os traballadores podían vir traballar a Suíza, pero non podían traer a súa familia, entón, moitos deles o que facían era traer a muller e os fillos clandestinamente e tiñan que quedar na casa sen facer ruído. Houbo xenebrinos que, bastante rápido, formaron o que lle chamaban a Pequena Escola, que era unha escola clandestina. Xenebra é unha cidade aberta e foi a primeira cidade de Europa que tivo un goberno de esquerdas elixido nos anos trinta. É unha cidade bastante progresista, recibía os protestantes durante o século XVIII e XIX. A lexislación suíza era moi estrita, pero non foi o meu caso. Eu xa cando volvín integreime ben porque falaba francés e cheguei a onde cheguei.

Estudou aquí?

Estudei e traballei durante moitos anos, primeiro, na Cruz Vermella, a través do mundo, porque eu son galego e teño que viaxar, e despois tiven varias funcións na Administración pública e fundacións privadas. Hai tres anos, os xenebrinos déronme a honra de ser o primeiro alcalde galego. Temos un sistema particular, en realidade, somos cinco alcaldes, pero hai un primus inter pares —o primeiro entre iguais— entre nós que fai que nas recepcións oficiais e dentro de Xenebra un teña o cargo de alcalde. Cada ano cambiamos e, a partir do primeiro día de xuño, serei eu o alcalde.

Gustaríalle ser alcalde de Ponteceso ou da Coruña cando remate de ser alcalde en Xenebra?

Non, son moi vello xa para iso, ademais, alí coñezo a todo o mundo e sería máis difícil.

Xenebra ten un orzamento moi alto, iso axuda a facer políticas de esquerdas ou a sociedade vólvese conservadora canto máis diñeiro ten?

Non é tan doado, pero mellor é ter ca non ter. Contar cun bo orzamento permítenos desenvolver políticas ecoloxistas, e non só polo pracer de desenvolvelas, senón para preparar a cidade para o futuro. Temos picos de calor moi altos e temos que preparar a cidade para eles porque esta situación non vai ir a mellor. As nosas cidades non están construídas para iso e hai que cambialas e iso custa moitos cartos. Temos tamén a responsabilidade da política social, temos unha cidade con 5.000 vivendas sociais. Tendo cartos é máis doado, pero tamén hai máis expectativas.

Suscríbete para seguir leyendo