17 de mayo de 2018
17.05.2018
Baloncesto

Alguén tiña que perder

Aranzana analiza ao seu equipo despois da derrota ante Manresa - "Nada que reprochar aos xogadores, teño que felicitalos igual que ao clube", asegura

17.05.2018 | 01:16
Gustavo Aranzana fala anoxado con Mike Torres.

O Leyma Coruña encaixou o martes unha derrota durísima en Manresa que o deixou fóra do play off de ascenso á ACB. Gustavo Aranzana móstrase moi orgulloso do traballo dos seus xogadores tanto nesta eliminatoria ante os cataláns coma na liga regular: "O equipo segue a medrar e non se lle pode facer nin un reproche. Teño que felicitar ós xogadores, ó clube e a toda a xente que está detrás deste equipo. A identificación coas nosas cores agora é incrible. A través das redes sociais a afección mandounos vídeos co pódese, e hai que sentirse orgulloso. No derradeiro partido saíu cara, aínda que podería ter saído cruz. A eliminatoria foi preciosa, pero alguén tiña que perder", explica aínda triste o técnico do clube coruñés.

De todo o encontro do martes, Gustavo Aranzana destacou a fortaleza do seu equipo nun dos intres máis perigosos da serie. O conxunto laranxa estaba once puntos por debaixo do Manresa cando restaban seis minutos para o final do partido. As cousas non pintaban moi ben, pero un tempo morto do adestrador vallisoletano deulle a volta o ánimo dos seus xogadores. "Nese intre fixemos algún troco táctico, aínda que o que tiñamos que facer era crer. Eu podo transmitir as cousas ó equipo pero se os rapaces non cren en mi... No encontro demostramos que somos un grupo unido con moi boa química que quere facer moitas cousas. Tamén dixemos que había que dominar as emocións, nestas situacións hai que poñer orgullo e nunca renderse", relata Aranzana.

O adestrador do Leyma pensa que o equipo demostrou moitas cousas boas nesta tempada: "Foi un ano complicado no que comezamos mal, con moitos problemas sen embargo penso que amosamos moitas cousas de portas para fóra. Deixamos claro que sen mirar a clasificación da liga regular, cando ó equipo lle chega o intre de competir o fai ó máximo nivel. Manresa venceu nesta serie aínda que se tivésemos gañado nós tamén sería un triunfo xusto. Eles pasárono moi mal no derradeiro encontro, e nos témonos que conformar con ter chegado ate aquí. Esta derrota é algo moi duro, pero mañá sae o sol", comenta apesarado Aranzana, quen aventura un gran futuro para o Leyma: "Este clube vai dar moitas ditas".

Pero o adestrador laranxa non só ten verbas para os seus xogadores, tamén gabou o traballo do rival. "Felicitar a Manresa que pasou a semifinais. E teño que dicir que cando perdo nun 'play off', adoita quedar campión o que me elimina, oxalá. Dar as gracias ó clube rival porque nestes cinco encontros houbo moita cordialidade e todo tipo de axudas entre ambas entidades".

Para finalizar, o técnico do equipo coruñés recoñeceu que Sergio Olmos xogara lesionado o derradeiro encontro, e tamén lamentou profundamente o intre, no primeiro cuarto, no que Larry Abia mancouse e non puido xogar no resto de encontro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

LaLiga

El fútbol como motor social

El fútbol se ha convertido en algo más que un deporte por la influencia que potencialmente llega a ejercer en la sociedad. Es, el otro fútbol.


Buscador de deportes