Ao final non chegou ninguén neste mercado de inverno, malia que non era de todo seguro que non houbese unha sorpresa. Así confirmouse o que dalgún xeito viñan dicindo desde o club, que nesta época é moi complicado atopar futbolistas que axuden e, sobre todo, cos que se poida contar no futuro. Lembraba alguén non hai moito que o de Celso Borges fora unha excepción, mesmo o de Oriol Riera, que non ten tanta presenza como o tico (tiña, porque Borges tivo unha doenza importante). O Deportivo so quere fichar para medrar, esa é a frase que empregan na praza de Pontevedra. Semella que é unha boa decisión, non hai máis que ver os futbolistas que chegaron no verán, que terá que verse ratificada nas operacións que poda facer para reforzar o equipo, nas que eu confío porque Richard Barral ofrece topo tipo de garantía, mesmo para apartar pedras que xorden no camiño de forma sorprendente, ou non. Para comezar, o primeiro reforzo xa chegou a falla da sinatura: Pedro Mosquera. O centrocampista tiña case os dous pés lonxe de Riazor -zafou de estar onte no Camp Nou- e se convirte en futbolista do Deportivo case de por vida pois cando remate o contrato, en 2021, terá xa 33 anos. Xa é bandeira do deportivismo. A el unirase pronto Lucas, malia que nas súas intervencións sempre é máis ambiguo. "Esta é a miña casa", pero o mesmo tempo salienta que "se me ten que vender para que o clube se sanee, pois ben, pero ten que ser unha moi boa oferta para os dous". Si, pero. É a forma de ser do atacante, que xa amosou dabondo o seu compromiso coa entidade, o pasado ano e este. Coa continuidade destes dous estandartes está dado un paso adiante sobranceiro para facer un equipo que faga soñar, os que veñan detrás serán do mesmo nivel.