01 de mayo de 2017
01.05.2017
A pé de rúa

Outra imaxe triste

01.05.2017 | 00:45
Outra imaxe triste

As estatísticas amosan uns números que non sei eu se aos adestradores lles serven para algo, a min para moi pouco, sobre todo desde o momento en que, non sei quen, decidiu que un córner ou un despexe que remata en gol é considerado como unha asistencia. Pois vale! Por iso non as miro. Abóndame con ollar o partido para ter a miña opinión, que nunca será auto de fe porque son imperfectamente imperfecto. A que teño do partido de onte vén sendo a mesma das últimas semanas. Un xogo no que o Deportivo non foi quen de mandar no campo e que acadou un punto que o achega máis ao obxectivo perante un adversario que só tiña que amosar que ten dignidade. Abofé que o fixo. E menos mal que os xogadores de Mel acadaron o empate, pois puntuar sempre cambia un pouco a visión xeral do encontro. Pero a meta aínda está aí, diante dos fuciños, porque non foron quen de traspasala onte para deixar o curso rematado. Non, seica é mellor agardar ao vindeiro domingo para facelo na casa, non si? Pois non. A paciencia ten un límite e a do deportivismo penso que xa o foi máis aló. Sei que non vai haber problemas; sei que cun punto abonda, sempre que o Sporting gañe os tres partidos que falten; sei que se sumar máis tamén pode chegar; sei que isto non é o que agardaba a xente que cada partido está no estadio. Vai ser que alguén que pregunte por unha nota cando remate a temporada dirá que aprobado porque se conseguiu o obxectivo, pero para min xa non é posible aprobar a este equipo. Agardaba máis; moito máis. Porque, insisto, estes futbolistas teñen calidade, teñen moitas virtudes, pero non as amosan, por?

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
El próximo lunes, a las 21.00, se disputa el Deportivo - Granada y en LA OPINIÓN te invitamos a Riazor. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido. Sorteamos 2 premios.

Buscador de deportes