Krohn-Dehli non tiña decidido se continuar no Deportivo este ano por mor dun asunto persoal, pero acabou ficando na Coruña e con galóns, polo que se pode comprobar polas decisións de Natxo González. O danés no está acertado e ademais leva dúas expulsións. No vou ser eu quen critique nin xustifique os dous cartóns vermellos, pero entendo os dous, malia que os anos deberían axudar, segundo algún. En Albacete díxolle ao árbitro que era moi malo tras sinalar un penalti que non había e levou un castigo de dous partidos. Se vestise outra camiseta ía rir eu? Unha reacción normal de alguén que bufa cando está de corto. E o sábado foi amoestado por segunda vez por agarrar o balón coa man desde o chan. Correcto. Agarrou o balón para impedir unha contra dos locais (creo que paga a pena malia que fose expulsado porque case non quedaba tempo); agarrou o balón desde o chan porque levara un bo golpe no nocello cando tentaba controlalo e o árbitro non pitou esa falta. E tiña o balón porque o recibira de Caballo desde a banda, despois de que el llo dese ao lateral nunha falta frontal. Por que esa xogada de estratexia foi a un lateral e non ao centro do área? Quero entender que a decisión non foi del. Só hai, ou houbo, que estar nun vestiario para entender certas cousas e certos comportamentos nun terreo de xogo. E non falo só de fútbol, falo de calquera deporte de equipo no que haxa enfrontamento directo e contacto. Claro que vai ser mellor xogar nun sitio no que non tes que correr e cun pase en noventa minutos xa es un deus. Será iso.