17 de febrero de 2019
17.02.2019
"Qué duda cabe!"

Ulo o 'xefe'?

17.02.2019 | 00:51
Ulo o ´xefe´?

Era un partido para gañar, mesmo pola mínima co gol de Edu, pero aconteceu o que adoita acontecer nisto que se chama fútbol, que o adversario chega unha vez e marca. E despois dese gol? Xa non hai nada. Non hai tanto aconteceu algo semellante perante o Numancia, peor tería que dicir, que marchou cun empate de Riazor despois de ir perdendo por dous goles. Seica a este Deprtivo o que lle gusta é gañar e defender, e polo que amosa non sabe rematar os partidos. Onte, como naquel encontro perante o equipo soriano, puido ter marcado a sentenza, pero non foi quen, e nunha achegada a Nàstic empatou. O fútbol é así. Non son quen de abusar do rival, pero en cada partido que dominas tes que chegar a marcar unha diferenza de tres goles e despois? depois o que sexa. Se non chegas a tres, busca o segundo, pero non. Foi outra oportunidade desbotada do equipo para intimidar, para marcar territorio. Agora xa calquera vai vir a Riazor pensando que vai sumar sen facer grandes cousas. Cando te pos por diante, sobre todo na casa, tes que ter a capacidade de manexar o balón e controlar o xogo e o equipo; e onte había só un futbolista que era quen e facelo: Edu. E non o fixo. Entendo a súa corta idade, pero non me chega, porque amosou noutros partidos a súa capacidade. Amosou o que quere ser, o que pode ser -estou certo de que vai ser-; pero onte non o fixo. O que sabe, coma el, ten que querer a pelota e xogar con ela, é o xefe do medio campo con 22 anos. É quen manda. Agardo que non o esqueza.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes