Ola! Chámome Ana e levo dous anos sendo socia do ‘Real Club Deportivo de La Coruña’. Este sentimento involucráronmo meus pais. Debido a miña idade xa vivín un ascenso e espero que este ano viva o segundo. Para min este clube é un sentimento moi grande, eu nunca sentira tanto aprecio por nada antes disto. Para min agora é fundamental asistir a Riazor e deixar alí a voz. A primeira vez que esperei aos xogadores despois do partido púxenme a chorar, e iso que aínda non saíra o meu ídolo Pablo Marí. O primeiro día que vin a Pablo sentín algo inexplicable por dentro, algo doutro mundo. A segunda vez que o vin non fun capaz de conter as bágoas e boteime a chorar. El abrazoume e díxome que estivera tranquila; ese abrazo deume tranquilidade, a pouca que poidera ter nese intre. Non quero pasar por alto a Adrián, ex xogador do Dépor. Adrián, coma Pablo, foi e é un pilar fundamental na miña vida. O ano pasado a todo o mundo gustáballe Lucas, a min Lucas encántame, pero vin en Adrián algo, algo que o resto de xogadores non posuían.

Este ano sufro e ás veces choro tamén, tanto de alegría coma de emoción, tristeza, etc. Pero sobre todo de impotencia, de pensar que non podo facer nada polo clube, non podo agradecerlle a Pablo todo o que, sen sabelo, fixo por min. Sabendo que está cedido, dáo todo cada vez que pisa o campo (oxalá chegue a compra). GRAZAS a todos, pero sobre a este club que tantas alegrías nos deu (tristezas tamén) e nos dará. Se son do Dépor, éche o que hai!