07 de octubre de 2019
07.10.2019
La Opinión de A Coruña
"QUÉ DUDA CABE!"

Eu pido tempo, e sei que non sobra

06.10.2019 | 23:36

A pregunta sae soa, a resposta xa é menos doada. E agora que? Hai que botar a Anquela ou debe seguir? Creo que hai uns días dubidaba da súa capacidade de tirar deste grupo, pero atopei indicios de que eu estaba errado. Insisto no que dixen tantas veces, que un adestrador que só ten un mes para traballar cun plantel non pode ser evaluado. Eu falaba do anímico porque nunca poderei pór en dúbida os coñecementos de ningún adestrador e menos se é profesional. Eses indicios ou sinais ás que me refiro olleinos en Abegondo e tamén onte en Riazor. Se este partido perante o Almería foi unha reválida, Anquela superouna; isto é como a selectividade, na que nun só exame se xulga o feito durante todo o ano e polo que xa tivemos que aprobar para facer esa selectividade. Sei que a situación segue a ser má; sei que o que estou vendo deste Deportivo non me gusta, tamén sei que vin cousas diferentes a outros equipos de Anquela cando viña a Riazor „creo que a todos nos encantou o Oviedo do ano pasado e iso que marchou con catro„, e sei que un mes non dá para moito. Tamén que xa van dez partidos. Certo. O conto é que se foi o adestrador elexido, terá que ter un tempiño para amosar a causa da súa contratación. E quen o elexiu sabe moito máis que eu disto. Outra cousa é que como seareiro „primeiro son xornalista„ guste máis ou menos do que poida ofrecer un técnico, pero non porque non sexa do meu agrado podo denostalo. Hai un respecto ao traballo de cada un, ou non é o que pedimos cada un no noso mundo laboral e profesional? Eu hoxe pediría tempo, aínda que sei que non sobra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook