La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

A Coruña móvese polo metal

SOS polo futuro do persoal de Alu Ibérica e tambores de folga “inminente” polo convenio provincial

Concentración de Alu Ibérica este xoves, polo futuro do seu persoal. | // CABALAR / EFE

Gran incertidume no sector metálico de A Coruña. Os case 300 traballadores de Alu Ibérica teñen por diante mes y medio ata os seus despidos, polo que na mobilización deste xoves reclamaron “unha solución industrial para a fábrica”. E xa pola tarde, unha manifestación convocada pola CIG demandou un convenio digno para o siderometal provincial. Avisa claramente cunha folga, no caso de que a patronal non acepte as demandas sindicais.

Ante a factoría de Agrela, os empregados de Alu Ibérica sacaron as pancartas á espera da presentación do ERE extintivo. O día 21 de abril haberá unha reunión coa Xunta. “O proceso de venda da fábrica con Alcoa no Ministerio de Industria levounos a esta situación, prometeron a viabilidade das instalacións e o pleno emprego... e agora deben cumprilo”, indica o delegado da CIG, Julio Moskowich. Recorda que “levamos anos pedindo a intervención pública pero non hai vontade polìtica, din que a UE non deixa pero noutros países si que o fan”.

Os traballadores teñen antigüidades que poden chegar nalgúns casos aos 40 anos. A maioría deles oscilan entre os 20 e os 10 anos na empresa. “Si non se pode facer aluminio, tamén nos valen outras solucións industriais que aporten saídas ao persoal”, adianta Moskowich. Admite que “non podemos pedir imposibles, no caso de que o Estado non queira intervir para facer aluminio pero existan outros inversores privados para outra produción queremos ser recolocados: queremos que conten con nós”. Os traballadores descoñecen a existencia de ofertas neste sentido, “en caso de haber algún interese a oferta esperaría á resolución do concurso de acreedores”.

8

A Coruña móvese polo metal Casteleiro / RollerAgencia

O persoal de Alu Ibérica aposta así por que as administracións públicas “acepten as ofertas que manteñan aos traballadores, aínda que Xunta e Goberno central teñan que aportar ferramentas como subvencións ou créditos brandos”. De momento, “a única certeza que temos é que seremos despedidos en mes e medio, mentras A Coruña xa é un deserto industrial”.

Mentras tanto, seguen bloqueadas as negociacións polo convenio provincial do metal. Na protesta do xoves, o secretario de CIG-Industria de A Coruña, Eduardo Caamaño, explicou as liñas vermellas: “A patronal non acepta recuperar a perda de poder adquisitivo dos traballadores coa aplicación do IPC real desde o 1 de xaneiro, e rexeita ampliar o dereito de subrogación a todo o persoal”.

Tras máis de dous anos negociando, “a patronal paraliza o convenio provincial pola COVID ou a crise derivada da guerra, pero hai carga de traballo e unha subida de gastos para os operarios polo que queremos mellorar o convenio”. A CIG chama ao resto dos sindicatos para “convocar unha folga de modo inminente”.

Compartir el artículo

stats