¿Qué farías se foses alcaldesa de Oleiros?

Tres mulleres de distintos sectores formulan propostas e medidas que levarían a cabo se se dedicasen á política e chegasen a gobernar no concello

Fachada principal del Concello de Oleiros.

Fachada principal del Concello de Oleiros. / I.R.

Oleiros

Alicia Tojeiro. |   // ARCAY/ROLLER AGENCIA

Alicia Tojeiro. | // ARCAY/ROLLER AGENCIA / Redacción

Alicia Tojeiro, profesora no Parga Pondal

“O primeiro no que incidiría sería no medio ambiente. Tería que incentivarse que se reciclase en cada casa. Incluso poñer máquinas nas praias no verán, das que che dan un beneficio a cambio de entregar plásticos ou botellas, como baixas no custo da auga ou no consumo no comercio.Cada vez máis persoas de Oleiros teñen cans e non temos un lugar onde soltalos libremente para que corran, como na Coruña. Crear un espazo natural para eles e unha praia para levalos. Controlar a tala descontrolada de árbores porque cada vez se constrúe máis e desfanse ecosistemas. Tamén me gustaría un parque infantil cuberto, que se recuperase Santa Cristina, que é moi bonita. E en urbanismo, darlle prioridade a estas obras da vía ártabra e a Nacional VI”. 

Irene Montero, periodista y escritora.

Irene Montero, periodista y escritora. / L.O.

Irene Montero, periodista e escritora

“Non envexo o posto aos gobernantes municipais, unha cousa é facer unha lista de iniciativas que che gustaría e outra atopar a maneira e os recursos necesarios. Se fose alcaldesa reforzaría o viveiro de empresas para captar investimentos e talento novo, sobre todo en tecnoloxía e intelixencia artificial. Tamén me esforzaría en mobilidade, apostando pola conexión por vía marítima e impulsando un ferrocaril comarcal. Desenvolvería políticas de alugueiro social público, poría en marcha un proxecto de eficiencia enerxética en todas as instalacións municipais, promovería o préstamo de libros para persoas con problemas de mobilidade e puntos de bookcrossing. Faría un gran centro cultural xuvenil e sería moi rigorosa no cumprimento das normas de aparcamento e control de maleza”. 

Carmen Torreiro, pintora e poeta

Carmen Torreiro, pintora e poeta / L.O.

Carmen Torreiro, pintora e poeta

”Eu non estou descontenta en Oleiros. Temos unha biblioteca en cada parroquia. En cuestión de cultura non hai queixa. En outras... Mira, todas as noites ven un xabaril facerme unha visita por debaixo da horta. Se che digo a verdade a min amólame máis que por min, pola miña veciña. Ten unhas patacas e uns faballóns preciosos. Pois onte díxenlle eu: oe, xabaril, este non é o teu eido, fai o favor de irte. E sabes que me contestou? A min expropiáronme o meu monte así que veño de ocupa. Teño que lles dar de comer ós meus rallonciños, comprendes? (Isto vai con ironía). Ser alcaldesa é moi dificultoso e non se pode contentar a todo o mundo”.