Ver o Camiño a través das lentes... do Tik-Tok

» O CPR Monterrey triunfa en Escola en Camiño cunha viaxe a Santiagodende a perspectiva da Xeración Zeta, aplicacións de móbil incluidas

Ver o Camiño a través das lentes... do Tik-Tok

Ver o Camiño a través das lentes... do Tik-Tok

C. M.

Cando pensamos nos peregrinos que camiñan cara Santiago, seguramente imaxinamos a persoas adultas, con grandes mochilas, capelos, acompañadas dunha espiritualidade marcada. Pero no proxecto Escola en Camiño son os estudantes os que se embarcan nesta aventura. E o fan coas súas ferramentas, perspectivas e formas de ver as cousas. 

E como ve un adolescente o mundo se non é a través dun Tik-Tok? Así o demostraron Tatiana Viéitez, Aitana Sabatino e Ana Paula Braz do CPR Monterrey.

As tres rapazas alzáronse cun dos Premios Audiovisuais do proxecto de FARO grazas ao seu traballo “En Camiño”. Este ano non están no centro, pero aínda perdura o seu proxecto gañador.

25 Segundos dan para moito!

Neste breve vídeo de menos de medio minuto podemos observar todos os seus pasos a través da cámara do teléfono móbil, pero non coma un vídeo normal, senón coma se nós mesmos fósemos os usuarios, coma se estivesemos gravando e facendo fotos dende dentro. 

Así “En Camiño” comeza cun plano tipo selfie das tres rapazas, nun autobús, posando con destino Santiago, para dar paso a previsión atmosférica en Compostela: semella que todo está preparado para pasear, non chove!

De feito, pasamos dos frescos 13 grados da cidade de Vigo a un Santiago que nos da máximas de 18. Así está claro que os peregrinos non perderán a oportunidade de perderse entre as súas rúas de pedra.

“Un proxecto motivador que involucrou a todos”

Pilar Márquez

— Coordinadora

Os alumnos do Colexio Monterrey decidiron participar no concurso porque xa leran o curso pasado un par de libros con temática de Camiño de Santiago, “un deles sobre un misterio na mesma Catedral”, explica Pilar Márquez, a mestra coordinadora do proxecto.

E é que a curiosidade é moi poderosa, e a partir de aí os estudantes comezaron a involucrarse moito máis.

“Tiñamos como actividade complementaria, despois da devandita lectura un encontro en Santiago, onde nos fixeron unha interpretación e representación dalgún episodio da novela. Resultou moi motivador e cando nos enteramos do concurso de Escola en Camiño, os alumnos de Artes Escénicas, decidiron involucrarse na participación cun pequeño tik tok, unha aplicación que hoxe en día usan bastante, para facer un pequeño resume do que sería o camiño de Santiago”.

E así foi. Esa pequena idea convertiuse no proxecto que enviaron ao concurso, tras seleccionar o favorito, e que conquistou ao xurado pola súa cotidianidade.

Situámonos na Praza do Obradoiro, fronte a Catedral, onde non faltan fotos e poses fronte a marabillosa fachada. Agora que a atopamos restaurada, é unha fotografía que non pode faltar en ningunha álbume. Por fin, adentrámonos na xoia da arquitectura galega e descubrimos, entre zooms e música de gaitas, os detalles escondidos na Torre do Reloxo, a Porta de Platerías e, dentro, o precioso deambularorio da Catedral, en fermosos tonos dourados.

Case podemos sentir o arrecendo do incienso cruzar a través da pantalla, e cando chega o plano do Arco de Xelmírez, poderíamos recoñecer as cancións que tocan aí os gaiteiros.

Portas, fontes, esculturas agochadas en Compostela... Poder chegar a elas a través dos orixinais ollos da Xeración Zeta ben merece este galardón.

Así, Tatiana Viéitez, Aitana Sabatino e Ana Paula Braz levan o seu Premio Audiovisual con orgullo, aínda que á gala acudiron outros compañeiros na súa representación. Moitas felicidades a todos!