-Como afectarán ás municipais o debate interno de En Marea e o cambio en Moncloa?

-Imos consolidarnos nas 30 localidades onde gobernamos ou cogobernamos. Mostramos que con moi pouco pódese facer moito e imos triplicar o número de candidaturas. En relación ao cambio de Goberno, para nós non terá repercusión negativa, todo o contrario. A xente respirou aliviada coa moción de censura e En Marea foi protagonista dese alivio social. A xente saberá recoñecelo.

-Como xulga as contradiccións do Goberno central en temas como a inmigración?

-Do alivio inicial por desaloxar a un PP corrupto pasouse á ilusión. Pero sacamos ao PP porque queremos derogar a lei mordaza, recuperar dereitos sociais, derogar a reforma laboral... O PSOE reaccionou positivamente ao principio, pero agora sen nós non é capaz de acompañar as ilusións da xente.

-Pedro Sánchez quere esgotar a lexislatura tras prometer nun primeiro momento adiantar eleccións. Debe convocalas?

-Debemos aproveitar a lexislatura para paliar as políticas do PP que causaron sufrimento. Se non vale para iso e o PSOE non pode aprobar os orzamentos, debería haber adianto. Non estamos aí para pasar o tempo.

-En Marea pedíu que se condonase a débeda do porto da Coruña. Extende esa petición a todos os peiraos galegos?

-No momento que saíu o tema, puxemos o foco na Coruña, pero debe debatirse sobre os portos galegos: non ten sentido que compitan entre eles.

-Pero pide ese tratamento para todos?

-Si. Isto é unha oportunidade para ese debate e que nesa condonación entren os portos de interese xeral.