- A guerra interna que se desatou coas primarias, pode ter un custe electoral para En Marea? Pode haber un travase de votos ao BNG?

-Eso dependerá de se somos capaces de recompoñernos a partir de agora. Se camiñamos todos no mesmo camiño non haberá penalizacións.

-Pero só faltan cinco meses para as municipais. Non foi un pouco suicida levar o enfrontamento interno ata estos extremos?

-En Marea non se presenta ás municipais. Prenséntanse as mareas municipais. E cada quen escolleu como quería implicarse nesta batalla.

-Con quen debe ir En Marea ás eleccións europeas? Con Unidos Podemos ou con outras forzas como Compromís?

-Temos unha alianza estratéxica no Unidos Podemos, que é evidente que ten que mellorar. O proxecto de En Marea é soberano, debe entenderse de igual a igual con outros proxectos irmáns. En Marea non pode estar subordinada. Temos uns aliados preferentes, que son Unidos Podemos. Eso significa que teñan que ser os únicos aliados? Rotundamente non. O espacio estatal é bo para entendernos con outras forzas políticas irmáns. Debemos buscar unha alianza amplia na que se recoñeza a En Marea en pé de igualdade.

-E para as eleccións xerais se concurren con Unidos Podemos manteranse dentro do seu grupo ou marcharán como fixo Compromis?

-En Marea concurrirá ás eleccións xerais de maneira que se asegure ter grupo parlamentario propio. Non aceptaremos ningunha fórmula xurídica que non nos permita ter grupo propio. Aprendimos do pasado. A situación é mellorable.

-A nivel persoal, doeulle que despois de que o foran a buscar ao Tribunal Superior de Xustiza fai dous anos e medio e lle pediran que abandoase a súa praza de maxistrado para ser candidato de En Marea, lle desen a espalda despois das eleccións e empezaran os movementos para desplazalo do poder?

-Eu viña sen manual de instruccións. Preferiría que as cousas foran doutra maneira. Eu son un optimista impenitente. Tocoume a mín, pero podíalle tocar a calquera porque este espazo ainda está en conformación.