14 de octubre de 2019
14.10.2019
CARTA

Queda unha dor tan profunda

13.10.2019 | 23:02

*

Dous anos despois do horror. Aquel domingo de hai 2 anos facía moito calor, ó mediodía o sol estaba parcialmente tapado. Chameina por teléfono e díxome que alí non ardía, pero que os avións apagalumes pasaban. A tarde oín noticias de problemas en Vincios, chamei á casa e ninguen colleu, era normal, ela estaría con Maximina, e meu pai na taberna. Horas máis tarde recibo unha chamada na que me din que as persoas do vehículo son ela e Maximina. Non podo creelo. Porque?, como? Rumores, busco...chamo ás miñas irmáns, e despois a chamada de confirmación dende Chandebrito. Chega o meu pai dicindo que eles foran os culpables, eu digo que foi un accidente. Ó día seguinte imos tendo información de cómo foi. Aparece a rabia, que aumenta con aquela carta e cos premios. Prometín que ía facer o que puidera porque se soubera a verdade. Sei que conseguín so unha parte moi pequena. Os xuíces non aprecian responsabilidade penal, eu non comparto esta decisión, pero teño que acatala. Agora case non queda rabia, o que queda é unha dor tan profunda... pola perda, pola maneira, e porque a quenes máis se lles debería esixir, pois... Quero darlle as grazas ás persoas que nos apoiaron e sobre todo ás veciñas e vecinos, en especial a Manolo, Clotilde, José, Orindo e Sonia.

*Hija de Angelina Otero

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Elecciones Generales 2019

Domingo 10 de Noviembre de 2019, España

Congreso de los Diputados